Destacados Vigo al minuto

O 40% dos vigueses citados aos ‘cribados’ do Sergas non acudiu

Tamén se fixeron en Porriño, Salceda, As Neves, Redondela, Chapela, Mondariz, e Mondariz Balneario

Cribado COVID antígenos Vigo/vigoalminuto

No que vai de mes, Sanidade leva citados a participar nos ‘cribados poboacionais’ a un total de 56.534 persoas da Área Sanitaria de Vigo. O índice de participación foi do 62,7%; isto é, finalmente decidiron realizarse as probas diagnosticas 35.455 persoas. Destas,  detectáronse 106  casos positivos.

24 casos positivos de 34.252 persoas citadas en Vigo

Ademais do cribado masivo á poboación de Vigo realizado no IFEVI – no que se convocou a 34.252 persoas, cunha participación do 61% e 24 casos positivos- ,  tamén efectuáronse neste mes cribados a outros concellos da Área viguesa. Neles   foron citadas 22.282 persoas, participaron 14.485 (un 65%) e diagnosticáronse 82 casos positivos. Desagregados por Concellos e centros de ensinanza quedaría da seguinte maneira:

-Concello de Porriño: 7.000 persoas citadas no IFEVI, acudiron 4.388 (un 62,7%) e diagnosticáronse 23 positivos

-Concello de Salceda de Caselas: 3.000 persoas citadas, acudiron 2.084 (un 69,4%) e diagnosticáronse 5 positivos

-Concello de As Neves: 1.669 persoas citadas, acudiron 1.100 (un 65,9%) e diagnosticáronse 3 positivos

-Concello de Redondela: 3.000 persoas citadas, acudiron 1.929 (un 64,3%) e diagnosticáronse  15 positivos

-Chapela (Redondela): 3.000 persoas citadas, acudiron 1.909 (un 63,6%) e diagnosticáronse  9 positivos

-Concello de Mondariz: 1.811 persoas citadas, acudiron 1.191 (un 65,7%) e diagnosticáronse 8 positivos

-Concello de Mondariz Balneario: 380 persoas citadas, acudiron 236 (un 62.1%) e diagnosticáronse 4 positivos

CPR Apostol Santiago (Vigo): 356 persoas convocadas, acudiron 338 (un 95,6%) e non diagnosticouse ningún positivo

-CPI Mondariz: 382 persoas convocadas, acudiron 262 (un 65,5%) e diagnosticouse 1 positivo

Instituto Politécnico de Vigo: 1.684 persoas convocadas, acudiron 1.048 (un 62,2%) e diagnosticáronse 14 positivos

4.000 citados de Cangas e Moaña

A Xunta continúa coa estratexia de desenvolver cribados masivos e, de feito, en algúns concellos nos que xa se fixeran cribados, estanse agora realizando unha segunda volta.

Mañá mesmo repetirase o cribado á poboación dos Concellos de Cangas e Moaña. Así, están sendo citadas 4.000 persoas (2.500 de Cangas e 1.500 de Moaña) no Pavillón de Rodeira, ata onde achegaranse os equipos de profesionais sanitarios para realizar a aquelas persoas citadas que voluntariamente se presenten, unha  proba PCR.

También te puede interesar