Destacados Vigo al minuto

O BNG de Vigo defende un confinamento de 15 días ante o «descontrol» da COVID

Lembra que a influencia acumulada na cidade é xa de 400 casos por 100.000 habitantes

Diante do descontrol da situación pandémica na Área Sanitaria de Vigo, onde xa se superaron os 3 mil casos activos (3.153) e, singularmente, na cidade, cunha incidencia acumulada de 400 casos por 100.000 habitantes, o Bloque Nacionalista Galego urxiu a actuar para despregar medidas adicionais que contribúan a frear a transmisión do coronavirus.

Xuntanza urxente e ampliada do Comité Municipal de Seguimento

O BNG vén de demandar ao alcalde a convocatoria dunha xuntanza urxente e ampliada do Comité Municipal de Seguimento da Covid19 e reitera a proposta, formulada pola portavoz nacional, Ana Pontón, de poñer en marcha un novo confinamento.

O concelleiro do BNG en Vigo, Xabier P. Igrexas, subliñou hoxe que o Bloque leva desde o inicio da pandemia actuando desde unha total disposición á cooperación co Goberno local. «O que lle dicimos ao alcalde é que poña data, hora e lugar para esa xuntanza e alí estará o BNG para contribuír en positivo con ideas e propostas, para sumar esforzos e fortalecer a capacidade de resposta da cidade diante desta terceira vaga», afirmou.

Un novo confinamento de 15 días

Aliás, o portavoz municipal nacionalista defendeu a necesidade de que Xunta e Goberno español actúen para frear a situación «poñendo a saúde por diante». A este respeito reiterou a proposta, formulada desde hai varios días polo BNG a nivel galego, de que se poña en marcha un novo confinamento de 15 días acompañado de medidas efectivas e reais de axuda directa aos sectores que se poidan ver afectados por esta medida.

«A primeira vaga da pandemia demostrou que cando a situación se descontrola como o está agora a única medida efectiva é un confinamento. É algo drástico e que vai ter impactos a nivel económico, pero é fundamental para protexer a saúde e a vida das persoas e evitar o colapso do sistema sanitario«, explicou.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.