Galicia

As obras do mercado do Rosal, a bo ritmo

Os traballos estarán rematados en tres meses

A alcaldesa do Rosal visitou o mercado municipal acompañada dos arquitectos para comprobar a evolución das obras desta primeira fase.

Como informara vigoalminuto,as mesmas arrancaban a semana pasada co obxectivo de recuperar un edificio emblemático dos anos 50 e converter a praza de abastos nun espazo vivo que dinamice o núcleo urbano.

«Estamos en plena execución da fase 1 destas obras que son exemplo da promoción de actuacións que fagan o  noso comercio máis atractivo e competitivo», salientou Ánxela Fernández Callís.

Obras no Mercado do Rosal

O Concello xa traballa na segunda fase da reforma

Neste sentido, o novo mercado contará, por exemplo, cun novo posto en formato tenda de conveniencia co que fomentar o produto de proximidade.

Por outra banda, o Concello xa está a traballar na segunda fase da reforma, que fará fincapé nesta aposta polo local e pola calidade seguindo os estándares de Mercado de Excelencia que marca a propia Xunta.

«Abordamos o proxecto de reforma da praza e a execución da obra do mercado non só como cuestións puntuais, senón  como unha reformulación de toda a contorna, como unha nova forma de pensar os espazos públicos e recuperalos para as persoas», recorda Ánxela Fernández.

Os traballos de reforma do edificio terán un prazo de execución de menos de tres meses e un custo de máis de 207.000€ que irán a cargo do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra, dunha subvención de Agader e de financiamento propio do Concello.  

Mentres duren as obras, os praceiros e praceiras seguirán ofrecendo os seus servizos na Escola Simón de Mazo, remodelado e acondicionado polo Concello para adaptalo á nova actividade.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.