Galicia Vigo al minuto

Feijóo adianta máis restricións na hostelaría ante o aumento dos casos de COVID en Galicia

O Presidente recoñece que estamos pagando as “interaccións” do Nadal

O presidente do Goberno galego adiantou este luns que haberá máis resticións á hostalería, logo do aumento dos casos de COVID en Galicia.

Non en toda a Comunidade, só nas cidades máis afectadas

Os datos, a día de hoxe, non xustifican que se peche “o cento por cento” da hostalería, “pero que hai cidades nas que perigan os actuais horarios, a resposta é que sí”, respondeu o presidente a preguntas dos xornalistas.

Estamos pagando as “interaccións” do Nadal

O presidente, que compareceu ante os medios logo dunha xuntanza coa alcaldesa da Coruña, recoñeceu que o aumento dos casos de coronavirus é a consecuencia das festas de Nadal.

“Non hai dúbida de que estamos pagando as consecuencias” das “interaccións” das festas do Nadal, recoñeceu. Ao seu xuízo, os cidadáns quería ter contacto durante estas datas e, si ben “un 90 por cento cumpriu as regras”, o outro 10 por cento, non, e por iso hai un alza de casos de COVID.

A Xunta permitiu os desprazamentos durante as festas

Hai que lembrar que as pasadas festas, a Xunta, como se publicara na Diario Oficial de Galicia (DOGA), permitiu os desprazamentos entre concellos pechados perimetralmente. Concretamente, foi posible entre os días 23 e 25 de decembro, para celebrar Noite Boa e Nadal; entre o 30 de decembro e o 1 de xaneiro, para o Fin de Ano, e tamén en Reis– ainda que as posibeis consecuencias destas últimas datas aínda non se manifestaron-.

…e cambiou os horarios do ‘toque de queda’

Do mesmo xeito, levantou os horarios dos ‘toques de queda’, autorizou o aumento do horario de cafeterías e bares, e aconsellou xantares de ata 10 persoas pertencentes a varias unidades familiares.

También te puede interesar