Ciencia y Tecnología Galicia

Sanidade estende a campaña de vacinación contra a gripe ata o 16 de xaneiro

A incidencia da enfermidade este ano en Galicia é máis baixa que nos anteriores

O pico da gripe chegará a Galicia entre o 26 de novembro e o 10 de decembro

A Dirección Xeral de Saúde Pública  vén de acordar a prorroga da campaña de vacinación contra a gripe 2020. A mesma se estenderá até o 16 de xaneiro de 2021, ou até esgotar as doses, co obxectivo de que se poidan vacinar contra esta infección todas aquelas persoas que aínda non o fixeron.

A campaña achégase ao 75% de cobertura

A campaña de vacinación antigripal deste ano, segundo sinala o SERGAS, “xa superou moitos dos obxectivos fixados para o exercicio 2020”. Así, os datos actuais reflicten que o 76,32% do persoal sanitario xa se vacinou, resaltando o persoal médico co 77%, e o de enfermaría co 75,78%.

No que atinxe as mulleres embarazadas, xa se superou o obxectivo fixado para esta campaña ao acadar o 63,66%. Ademais, e respecto das persoas de 65 ou máis anos, na actualidade xa se vacinou o 71,38%. “Neste último caso, cómpre subliñar que se incrementou en 11 puntos a cobertura respecto da campaña do ano pasado, acercándonos ao 75% marcado como obxectivo”

Protexerse fronte a gripe este ano ten unha especial relevancia debido a crise sanitaria provocada pola pandemia do virus Sars-Cov-2. Porén, e tendo en conta que en Galicia aínda non se detectaron virus gripais, e que no noso entorno a actividade gripal é moi baixa, Sanidade anima a poboación a vacinarse fronte a gripe nas vindeiras semanas.

También te puede interesar