Destacados Vigo al minuto

Desconvocada a folga de Vitrasa prevista para este martes, día 29

A empresa pagou a ‘extra’ de decembro aos seus traballadores

O comité de Vitrasa, concesionaria do transporte urbano de Vigo, retirou hoxe a convocatoria de folga prevista para mañá.

A asemblea de traballadores celebrada o pasado sábado 19 optara por esta medida de presión no caso de que a compañía non liquidase a débeda.

A convocatoria faríase efectiva no caso de que a empresa non abonase antes a paga extra de decembro que non ingresou a comezos de mes supostamente pola falta de pago por parte do Concello das cantidades pactadas para compensar a redución de viaxeiros provocada pola pandemia. 

Vitrasa paga a ‘extra’

Mais a folga quedou desconvocada unha vez que a empresa liquidou a débeda cos traballadores entre os pasados días 21 e 23, ao parecer despois de que o Concello lle abonase 2,2 millóns de euros. Segundo lle comunicou a empresa ao comité, esta cantidade permitiríalle pagar tamén a nómina de decembro

Con todo, dende o comité de empresa, presidido pola CIG, adiantan que “estarán vixilantes para garantir que o cadro de persoal recibe o seu salario en tempo” e evitar que se poidan producir novos atrasos como o acontecido co ingreso da paga extra.

También te puede interesar