RGPD - Cookies
Galicia Sucesos

Dous mortos e 45 feridos en accidentes de tráfico a fin de semana en Galicia

O sábado, día 19, foi o día que houbo másis percances: 15

Accidente de tráfico en una carretera de Galicia

O persoal do 061Galicia asistiu durante a fin de semana a 47 persoas debido a 37 accidentes de tráfico. Os mesmos producíronse nas estradas galegas entre as 3 da tarde do venres, 18 e as 12 menos un minuto da noite deste domingo, 20 de decembro.

48 chamadas alertando de accidentes

O día que rexistrou máis incidentes foi o sábado con 15 sinistros de tráfico. A Central 061, recibiu nestes días 48 chamadas en relación cos accidentes de tráfico.

Os recursos sanitarios mobilizados foron 49. Así, as ambulancias asistenciais de soporte vital avanzado asistiron nun accidente. O helicóptero medicalizado atendeu en dúas ocasións. As ambulancias asistenciais de soporte vital básico mobilizáronse en 39 sinistros. POr último, os equipos de Atención prestaron asistencia sanitaria en seis accidentes.

2 mortos e 36 traslados a centros sanitarios

En 36 casos os feridos foron trasladados aos centros sanitarios correspondentes, en 9 ocasións atendeuse no propio lugar do incidente e dúas persoas resultaron falecidas no punto.

También te puede interesar