Carmela Silva compartiu este luns no perfil da Deputación de Pontevedra en Twitter a súa felicitación de Nadal deste 2020.
A presidenta do organismo provincial deu as «grazas» a todas as veciñas e veciños da provincia, logo de subliñar que este «foi un ano moi duro».
Silva amosouse «moi orgullosa de todas e todos vós» e animou a que gocemos deste Nadal e «coidemos ás persoas que queremos».
A presidenta amosouse esperanzada de que 2021 permita que «volvamos a atoparnos, a abrazarnos e a estar xuntos» e asegurou de que imos a sair da situación actual «máis fortes».