Ciencia y Tecnología Vigo al minuto

O BNG alerta de demoras de ‘semanas’ para lograr unha cita de Atención Primaria en Vigo

«Falamos de citas que se solicitaron a inicios deste mes e que se dan para véspera de noiteboa»

O Bloque Nacionalista Galego alertou esta mércores das «elevadas demoras» que se están a rexistrar na solicitude de citas médicas en diferentes centros de saúde de Vigo.

O concelleiro do BNG, Xabier P. Igrexas, denunciou que están a recibir queixas de veciñas e veciños neste sentido. «Falamos de citas que se solicitaron a inicios deste mes e que se dan para véspera de noiteboa», exemplificou. Unha situación que afecta de maneira especial a persoas maiores, a doentes crónicos e tamén a atención pediátrica.

Falla de persoal en Atención Primaria

«A falla de recursos e, sobre todo, de persoal na Atención Primaria, despois de anos de recortes da Xunta do Partido Popular, supón un grave risco para a saúde das persoas», manifestou. Neste sentido, o portavoz municipal nacionalista advertiu de que a situación de colapso que se vive en moitos centros de saúde pode traducirse na saturación dos servizos de urxencias.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.