Destacados Sucesos

Alóngase o tempo de resposta das ambulancias Vigo ante casos de infarto ou ictus

O Bloque Nacionalista Galego alertou este martes da situación de sobrecarga que atravesan as ambulancias do 061 na cidade. O concelleiro, Xabier P. Igrexas, explicou que as dotacións, que xa eran de partida insuficientes para atender a poboación de Vigo, non foron debidamente reforzadas diante da crise sanitaria da Covid 19.

Igrexas expresou a súa preocupación polas consecuencias que a insuficiencias de medios para a atención de emerxencias sanitarias poida ter. Nese sentido, puxo o foco en que o feito de que «as mesmas ambulancias teñan visto duplicada a súa carga de servizos por causa do coronavirus, estaría a comprometer a debida rapidez na asistencia de patoloxías graves e tempo-dependentes como son os infartos ou ictus».  

Sen máis medios, estanse alargando perigosamente os tempos de resposta para atender problemas nos que a rapidez é clave. Nesta situación hai pacientes que están a achegarse aos centros hospitalarios co seus propios medios ou chegan máis tarde do que se debera” alertou o portavoz municipal nacionalista.

En Vigo continúan operando 6 ambulancias de soporte vital básico de día e outras 3 de noite xunto a ambulancia de enfermería, á que se engade unha única ambulancia de soporte vital avanzado as 24h para toda a cidade. Uns medios que segundo puido constatar Igrexas con representantes sindicais do sector resultan claramente insuficientes, polo que instan ao seu aumento.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.