Destacados Vigo al minuto

O Concello construirá un gran paseo na Avenida de Europa para bicicletas e peóns

O Goberno local vén de aprobar un modificado no contrato do proxecto do carril bici por un importe de 196.000€ que ten coma finalidade «mellorar o trazado e dar seguridade tanto a ciclistas como a peóns”, e a conexión na rúa Mestre Chané con Vía Verde e «continuar nos pasos xa iniciados para estender a mobilidade en bicicleta», sinalou este xoves o alcalde.

“A época da contaminación acabouse para sempre, non podemos ter os fungos contaminadores enriba de Vigo, o carril bici é tamén lecer”, comentou Abel Caballero durante unha rolda de prensa por vídeoconferencia.

O alcalde explicou que entre Samil e Tomás Paredes, ao longo da Avenida de Europa, cambiará o trazado proxectado para o carril bici, posto que «agora se vai a construír un gran paseo». Terá un ancho de 7 metros e pasará a ser unha gran avenida peonil.

“Xa estamos con iso, farase como parte do plan de ordenación municipal e significará unha gran mellora para a cidade”, concluíu Caballero.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.