Ciencia y Tecnología Galicia

O Instituto de Valadares terá Bacharelato o próximo curso

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional vai implantar o Bacharelato no IES Valadares o próximo curso 2020/2021, tal e como anunciou este mércores a conselleira Carmen Pomar.

Nunha visita ao centro, Pomar indicou que, deste xeito, «dáselle resposta a unha demanda histórica» deste instituto vigués e da súa comunidade educativa, co fin de que o alumnado poida rematar o estudos non universitarios no mesmo centro no que cursan toda a ESO, «evitando desprazamentos e favorecendo á poboación das parroquias dos arredores».

En concreto, engadiu a conselleira, implantaranse as modalidades de Bacharelato Científico-Tecnolóxico e de Artes, xa que un número significativo do alumnado que cursa alí a ESO opta posteriormente por estas modalidades. Ademais, deste xeito incrementarase o número de prazas en Artes, modalidade que en Vigo só se imparte no IES Politécnico e que conta con lista de agarda.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.