Deportes Vigo al minuto

@bngvigo denuncia o «total abandono» das pistas de atletismo de Balaídos

A retirada da xaula de lanzamento após varias semanas inutilizada é para o BNG o «último exemplo do total abandono que padecen as pistas de atletismo de Balados», segundo apuntou esta mañá o seu concelleiro. 

Xabier P. Igrexas sinalou este martes que en maio xa sinalara que era necesaria unha nova xaula, «sen que o Goberno municipal atendese a petición dos seus usuarios e usuarias». O Bloque reclama que tanto Xunta como Concello «abandonen a lea permanente» e comecen a cooperar para facer realidade a prometida reforma integral das pistas.

https://twitter.com/David_Gatsu/status/1206933799474515968

 Nese sentido, denunciou que o estado «lamentábel» das instalacións engádese a necesidade dunha mellora urxente das súas dotacións e lembra que «Vigo ten formado atletas de talla olímpica e non podemos seguir cunhas instalacións tan deficientes».

«Hai dez anos que Xunta e Concello formalizaron o seu acordo para dotar a Vigo dunhas novas pistas, en 2014 subscribiuse un novo convenio, pero todo ficou en papel mollado. Non podemos seguir así, cos nosos e as nosas deportistas tendo que adestrar en pésimas condicións ou facelo fóra de Vigo«, advertiu Igrexas.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.