Vigo al minuto

@MareaVigo cualifica de “ridículas” as axudas do Concello para desafiuzamentos e emerxencias sociais

Asegura que en 2018 foron de 80.000€ e o pasado 2019 baixaron a 560.000€, cun número semellante de solicitantes

Marea de Vigo non entende o “triunfalismo do alcalde e da concelleira de Servizos Sociais” no anuncio das bases dos novos importes e bases das Axudas do Programa de Desafiuzamentos e de Emerxencia Social para 2020, entre outras cousas porque “o propio expediente recoñece que cada vez o acceso de persoas a estas axudas ten máis trabas e limitacións”.

O voceiro do grupo muncipal de Marea, asegura que proba disto é que mentras en 2018 se entregaran axudas por valor de 801.379 € no 2019 estas axudas baixaron a 560.707 cun número semellante de solicitudes, o que amosa que os criterios económicos de acceso deben mudarse”.

Marea de Vigo lembra ademais que, unha partida de apenas 50.000 euros ao ano para cubrir obras e reparacións nos fogares e para a mellora da accesibilidade arquitectónica, agora neste ano 2020 adicarase tamén para obras de eficiencia enerxética e aillamento térmico de vivendas, incremento de tipos de axuda que non supón incremento de partida, que seguirá sendo de 50.000 euros. “Estamos falando de obras de mellora moito máis costosas e que obviamente non quedan cubertas co mesmo importe que o consignado en 2019”.

A xuízo de Marea de Vigo aínda se está a tempo de modificar o orzamento de 2020, “tal e como demandou o noso grupo municipal e incrementar sensiblemente estas partidas orzamentarias que ano tras ano quedan cos mesmos importes”. En concreto a súa proposta é aumentar as mesmas en 500.000€, no caso da axudas de emerxencia contra desafiuzamentos e en 800.000 as de alugueiro, alimentos e recibos de consumo enerxético.

 

También te puede interesar