Deportes

@ArboConcello ‘estrea’ a reforma do Pavillón Municipal de Deportes

O Secretario Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, Jose Ramón Lete Lasa, e o alcalde de Arbo Horacio Gil, visitaron este xoves o Pavillón Municipal de Deportes, para supervisar o remate das obras realizadas nesta instalación.

En maio pasado, o Secretario Xeral e o alcalde asinaron un convenio  para a realización de obras de mantemento no polideportivo municipal con un orzamento de 14.978,00 € que estaban destinadas á substitución de ‘panel sándwich’ da cuberta sobre os vestiarios, reparación de canaletas, pintado de vestiarios e a substitución de porterías de fútbol

Para o alcalde o obxectivo é o de «obter un óptimo nivel de funcionamento das infraestruturas municipais, neste caso deportivas, de forma que o Concello poida prestar servizos de calidade á veciñanza con independencia da súa idade, sexo.., apoiando aquelas actuacións cuxa finalidade é o deporte».  

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.