'Qué te cuentas?' Cultura

‘Galiza, un futuro sen carbón’ cualifica o peche da central de As Ponte de “enorme avance na loita contra a emerxencia climática”

A plataforma “Galiza, Un futuro sen carbón” celebra o anuncio do posíbel peche da central de carbón de Endesa nas Pontes, “unha das 20 maiores fábricas europeas de cambio climático”.

Segundo a plataforma, “o cesamento da produción eléctrica con carbón nesta central provocará unha caída drástica das emisións galegas de gases de efecto invernadoiro (GEI)”.

‘Galiza, un futuro sen carbón’ enga de que Endesa debe confirmar canto antes o calendario de peche definitivo, desestimar a reconversión da central de carbón nunha macroincineradora igualmente insustentábel e implicarse na xeración de alternativas de emprego sustentábel nas comarcas afectadas pola clausura da central.

Día histórico

O 27 de setembro foi un día histórico para a defensa do clima desde Galicia. Polas multitudinarias manifestacións con motivo da Folga Mundial polo Clima e pola decisión inesperada de Endesa de pechar axiña a central de carbón das Pontes.

“2019 será seguramente o ano con menores emisións de dióxido de carbono (CO2) e outros GEI en Galicia, polo menos desde 1990”. O peche das centrais de carbón de Meirama e As Pontes, “responsables do 35% das nosas emisións”, é, segundo ‘Galiza, un futuro sen carbón’, a medida máis eficaz nestes intres para recortar as emisións de GEI de Galicia, moi elevadas en termos per cápita. Sobre todo na medida en que a súa electricidade sexa substituída polo aforro enerxético e as renovábeis e non polo gas natural.

También te puede interesar