Destacados Vigo al minuto

@bngvigo pide ao PSOE que rectifique o «atropelo antidemocrático» de negarlle grupo municipal

O concelleiro do BNG, Xabier P. Igrexas volveu pedir, neste caso no Pleno do Concello deste luns, ao grupo socialista que rectifique o «atropelo antidemocrático e disparate xurídico» que supón a resolución da Alcaldía na que, ademais de negarlle a constitución de grupo propio se lle designa ilegalmente como concelleiro «non adscrito».

O Bloque  reclamou que se respeite a vontade das viguesas e vigueses expresada nas urnas o pasado 26M e que resultou non só no reforzo dunha maioría absoluta, «lexítima, democrática e que respeitamos» sinalou, senón tamén nunha  Corporación Municipal máis plural con 4 formacións políticas en lugar de 3.

«Sen pluralidade non hai democracia. E en democracia o respeito aos resultados electorais non é opcional. Por iso pedimos que se respeite a decisión das viguesas e vigueses de que neste Pleno haxa máis voces, non menos», defendeu.

O voceiro nacionalista volveu denunciar que a decisión da Alcaldía fai que o BNG sexa a única formación política representada no Pleno que non vai contar con grupo municipal propio.

Aliás, acrecentou que a súa designación «contraria a Dereito e aberrante en termos democráticos» como «non adscrito» o único que persigue é adulterar o resultado electoral e laminar a representación do Bloque no Pleno, recortando o seu dereito a intervir e negándolle os medios mínimos indispensábeis para poder realizar a labor política de oposición. 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.