Destacados Vigo al minuto

O BNG de Vigo pide 70 millóns para o Casco Vello ante a crise da vivenda e o avance dos pisos turísticos

Os nacionalistas reclaman multiplicar por dez o montante do Plan de Acción do Consorcio e apostar polo alugueiro social

O BNG de Vigo pide 70 millóns para o Casco Vello ante a crise da vivenda e o avance dos pisos turísticos
O BNG de Vigo pide 70 millóns para o Casco Vello ante a crise da vivenda e o avance dos pisos turísticos

O BNG de Vigo reclama unha revisión «profunda e ambiciosa» do Plan de Acción 2026-2029 do Consorcio Casco Vello para converter este organismo nunha ferramenta pública máis potente para facilitar o acceso á vivenda e combater os efectos da xentrificación no centro histórico da cidade.

Xabier P. Igrexas, portavoz municipal nacionalista, advertiu de que Vigo «non pode seguir tolerando a parálise nin a inacción» ante a crise habitacional e lembrou que máis de 10.000 familias están inscritas como demandantes de vivenda protexida.

Segundo o BNG, a situación do Casco Vello está a agravarse polo incremento dos pisos turísticos, que, ao seu xuízo, están provocando a expulsión de veciñanza e dificultando a chegada de novos residentes.


O BNG propón pasar de 7,1 a 70 millóns de euros

A principal proposta dos nacionalistas pasa por multiplicar por dez os recursos destinados ao Consorcio Casco Vello durante o período 2026-2029.

Así, reclaman elevar o investimento previsto actualmente, de 7,1 millóns de euros, ata un mínimo de 70 millóns, coa implicación económica tanto da Xunta de Galicia como do Concello de Vigo, as dúas administracións que forman parte do organismo.

«Non nos valen os parches nin as políticas de escaparate. O Consorcio necesita un novo rumbo e moitos máis recursos para responder á emerxencia habitacional que vive Vigo», afirmou Igrexas.


Apostar polo alugueiro social fronte á compravenda

Ademais do incremento do financiamento, o BNG pide modificar a orientación das actuacións do Consorcio para que deixe de centrarse «case en exclusiva na compravenda» de inmobles e impulse políticas de alugueiro social e accesible.

Para Igrexas, o modelo actual «está esgotado» e non responde ás necesidades da maioría social, polo que defende que o Consorcio debe converterse nun «verdadeiro motor público» capaz de ofrecer alternativas reais de acceso á vivenda.

«Fronte ao avance depredador dos pisos turísticos necesitamos vivenda para as mozas e mozos, para as familias traballadoras e para garantir que o Casco Vello continúe sendo un barrio vivo», sinalou o portavoz nacionalista.


Reclaman máis coordinación entre Xunta e Concello

O BNG concluíu reclamando unha maior cooperación entre a Xunta e o Concello de Vigo para afrontar a crise da vivenda e aplicar unha política «decidida, xusta e transformadora».

Segundo Igrexas, o obxectivo debe ser garantir que a cidadanía poida seguir vivindo no centro histórico e evitar que o Casco Vello perda o seu carácter residencial.


OuTraS NoVaS


Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.