Sucesos Vigo al minuto

@bngvigo pide ao Goberno local que informe de que días houbo menos de 20 bombeiros para toda a cidade

O Bloque quere saber durante cantas xornadas o Concello incumpriu o mínimo de 20 efectivos operativos

O concelleiro do BNG de Vigo, Xabier P. Igrexas, anunciou este xoves que dirixirá un escrito á nova concelleira-delegada da área de Seguridade, Elena Espinosa, para demandar información sobre o operativo especial de bombeiros que ten previsto o departamento para a noite de San Xoán.

«O San Xoán é unha das celebracións máis emblemáticas da nosa cidade, e este ano vai ter unhas 25 fogueiras en diferentes puntos da cidade. Queremos que se informe de cal vai ser o operativo especial de bombeiros co que o Concello vai enfrontar os riscos que entraña unha festa onde o lume é o protagonista», explicou o concelleiro do Bloque.

O edil nacionalista tamén requirirá información sobre as labores preventivas que se teñan realizado por parte do Corpo de Bombeiros, toda vez segundo os datos do que dispón o seu servizo de prevención non conta con persoal asignado pola falta de efectivos.

Cuadrantes de servizo

Por outra parte, Igrexas tamén requirirá que se lle facilite o acceso a todos os cuadrantes de servizo do corpo de bombeiros desde o 1 de xaneiro de 2019 até hoxe.

 «Pedimos os cuadrantes onde figuran que bombeiros traballaron en cada quenda e en cada parque, para comprobar durante cantas xornadas o Concello incumpriu o mínimo de 20 efectivos operativos. Un incumprimento que compromete a seguridade tanto dos propios bombeiros como da cidadanía ao limitar a capacidade operativa e a resposta diante de situacións de emerxencia», xustificou.

Na súa solicitude tamén pide que se informe de cantas horas traballadas se contabilizan desde o inicio do ano, lembrando que o 2018 rematou con 38 mil horas extraordinarias.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.