Galicia

Medio Ambiente pagará en xuño máis de 1,6 millóns pola expropiación de bens e dereitos da PLISAN

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, a través do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS), pagará máis de 1,6 millóns de euros pola expropiación de bens e dereitos destinados ao desenvolvemento da Plataforma Loxística-Industrial de Salvaterra-As Neves (PLISAN).

O Diario Oficial de Galicia publica este luns o anuncio polo que se cita aos titulares das propiedades e dereitos afectados.

O pago realizarase despois de que a mediados de abril se aprobara definitivamente a modificación parcial do proxecto de expropiación forzosa, polo procedemento de taxación conxunta, da Plisan, un paso necesario para a inclusión na relación de bens e dereitos afectados da eliminación do aproveitamento potencial dos recursos mineiros, así como para a valoración do solo non urbanizable de núcleo rural.

A sinatura das actas de pagamento e ocupación de bens e dereitos realizarase no Concello de Salvaterra de Miño en tres quendas. A primeira delas desenvolverase entre o 12 e o 14 de xuño, a segunda, do 19 ao 21 do mesmo mes, e a terceira e última, entre os días 26 e 27.

En total, a Xunta abonará 1.661.433 euros correspondentes ás 366 fincas cuxa valoración foi positiva.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.