'Qué te cuentas?' Galicia

Fomento rexeita actuar no cruce de Puxeiros e nega a súa perigosidade

O Ministerio de Fomento vén de respostar á deputada de En Marea no Congreso, Alexandra Fernández, que “non ten prevista ningunha actuación no cruce de Puxeiros” e nega os riscos dunha interseción onde se teñen producido accidentes.

Fomento atrévese incluso a defender a situación do cruce sinalando que “a configuración actual da interseción existente no enlace de Puxeiros coa antiga N-120 é de glorieta con carril segregado que permite o paso do tráfico procedente da AP-9, evitando a xeración de retencións no ramal e o conseguinte risco de accidentes no enlace”.

Alexandra Fernández lembra que “a pesar do que diga Fomento, este cruce presente elevados riscos, non ofrece garantías de seguridade. Cada vez que os conductores saen á autoestrada teñen que arriscarse na decisión a cruzar porque existen deficiencias constatábeis que se poden detectar cando se fan as manobras”.

O actual Ministerio asume a postura do anterior

A deputada sinala que “non é algo que En Marea se inventase de novas, este problema leva anos sendo obxecto de reclamacións e de queixas debido á mala visibilidade que ten a interseción. De feito, rexístranse accidentes por moito que o Ministerio o negué”.

Alexandra Fernández  insta a Fomento a cumprir os acordos acadados en sede parlamentar. De feito, hai un ano aprobouse no Congreso a instancias de En Marea unha proposición para que se efectúen actuacións no cruce partindo dun Estudo para avaliar as opcións máis axeitadas.

Fernández subliña  esta reposta negativa de Fomento, cando noutra resposta anterior, do verán, afirmara que ía analizar as posíbeis actuacións para mellorar o cruce. “Deducimos que analizou pouco, e chegou á simple conclusión de non facer nada”. Neste sentido, lamenta a postura do actual Ministerio que ao final “é coincidente coa do anterior Goberno que tiña a mesma postura posto que consideraba que o enlace estaba perfectamente sinalizado.

También te puede interesar