RGPD - Cookies
Comarcas

@depo_es da comezo á actividades do 25 de Novembro, Día Internacional Contra as Violencias Machistas

O goberno da Deputación de Pontevedra despregou este luns  a pancarta co lema “A Deputación de Pontevedra contra as violencias machistas” que marca o arranque das actividades para conmemorar o 25 de Novembro.

Xunto co inicio dos actos conmemorativos do Día Internacional Contra as Violencias Machistas, hoxe tamén rematou, con actos no Rosal e no Centro Penitenciario de A Lama, a terceira edición de “Mulleres en acción. Violencia Zero”, o programa da Deputación para loitar contra as violencias machistas a través da arte, cuxa nova programación se presentará nos vindeiros días.

Queremos que a loita contra as violencias machistas e pola igualdade estea presente ao longo de todo o ano e non quede limitada a dous días ao ano – manifestou Carmela Silva. Por iso estamos a liderar o programa “Violencia Zero” que a través de 25 accións artísticas en 25 concellos da provincia espallou a necesidade de reivindicar que basta xa, que estamos fartas, que queremos unha vida en igualdade e deter este horror que padecemos as mulleres”. 

Silva fixo fincapé en que a desigualdade e o machismo vixente está a violentar ás mulleres a través da agresión verbal pero tamén da violencia física que ten, na súa cúspide, aos asasinatos de mulleres. Neste eido Silva recordou o nome das 53 mulleres asasinadas este ano e “o terrible modo” en que lles arrebataron a vida.

También te puede interesar