Comarcas

O Concello de Redondela limpa a man o leito do Alvedosa ao seu paso pola vila

O Concello de Redondela está a realizar esta semana una limpeza do leito do Río Alvedosa ao seu paso por Redondela. Os traballos realízanse con medios manuais buscando os refugallos tamén baixo os entudos e os sedimentos.

Entre o lixo atopado hai rodas, ferralla plásticos, mesmo algunha batería de vehículo, un elemento altamente contaminante. Os operarios percorreron a pé parte situada baixo a Praza de Ribadavia -na Farola- e atoparon troncos arrastrados polas crecidas e ciscallo depositado nos piares que soportan a estrada que pasa por enriba.

También te puede interesar