RGPD - Cookies
Comarcas

Publicadas as listas para o obradoiro de emprego “Coidar de nos” de @ponteareas_gal e @AsNevesConcello

O concello de Ponteareas fixo públicas as listas provisionais de aspirantes de alumnos traballadores para o obradoiro de emprego “Coidar de Nós” que se poden consultar na oficina de emprego, no Centro de Desenvolvemento Local ou na páxina web ponteareas.gal/oferta-emprego-publico/.

Os vintes aspirantes de cada rama -sociosanitaria e xardinería- pasan á fase de entrevista na que se seleccionarán 10 persoas por especialidade para poder participar no obradoiro de emprego.

Ao mesmo tempo, publícanse as listaxes provisionais de técnicos-docentes coa puntuación de méritos dos trinta aspirantes. Neste caso a lista definitiva e a convocatoria de entrevista sairá o 26 de outubro nos mesmos lugares indicados.

Para chegar a estes 20 aspirantes por cada rama, primeiro a oficina de emprego fixo unha sondaxe na que propuxo a un total de 30 candidatos para sociosanitaria, 31 para xardinería e 30 para técnicos-docentes como posibles beneficiarios. Todos foron citados para cubrir a solicitude e aportación de méritos presentándose en sociosanitaria 24 persoas e en xardinería 31.

Este obradoiro enmárcarse nas iniciativas de emprego do actual goberno municipal, que ten como finalidade formar a poboación para acceder a máis ofertas de emprego e xerar oportunidades de traballo. Un plan que ten dado os seus resultado pois en ningunha etapa de gobernos anteriores se logrou en políticas de emprego nada similar. “Por primeira vez, Ponteareas conta con obradoiros de emprego en catro anos consecutivos”, manifesotu o Alcalde, e responsable da área de desenvolvemento económico.

A Consellería de Economía, Emprego e Industria concedeu unha subvención de 288.807€ para un obradoiro de nove meses de duración e cun reforzo económico de 4.500€ para incentivar a contratación e cubrir os gastos salariais derivados dos contratos de traballo que se suscriban co alumnado, ademais das achegas e fondos propios do concello de Ponteareas e de As Neves.

En total , son 1.440 horas nas que dez persoas recibirán formación teórica e práctica sobre actuacións en viveiros e rehabilitación e mantemento de xardíns e espazos verdes municipais e outras dez sobre atención sociosanitaria en domicilios e institucións. Ademais permitirá a contratación dun director, dun titor, de dous expertos en atención en domicilio e institucións tanto na área sanitaria como social e un experto en xardinería.

También te puede interesar