Comarcas

O ORAL suspenderá cautelarmente o cobro dos recibos do IBI aos afectados de Paramos

En resposta á solicitude realizada polo Concello de Tui o ORAL, xestionado pola Deputación de Pontevedra, pon en marcha unha medida transitoria pola cal efectuará a suspensión cautelar do período de voluntario de cobro dos recibos do Imposto de Bens Inmobles, o IBI,  para os propietarios das vivendas afectadas pola explosión do Barrio da Torre, en Paramos, o pasado 23 de Maio.  

Até que non se aprobe o Real Decreto Ministerial o ORAL non pode aplicar bonificacións ou exencións pero si suspender o cobro de maneira cautelar atendendo a circunstancia especial de situación de zona gravemente afectada por unha emerxencia de protección civil declarada polo Consello de Ministros o pasado día 7 de setembro.

Serán os departamentos ministeriais competentes os encargados de decretar as medidas definitivas para a exención do IBI dos 34 inmobles afectados -32 urbanos e 2 rústicos-.

También te puede interesar