'Qué te cuentas?' Comarcas

@ConcelloNigran abre este mércores o prazo para optar ao Plan de Becas Municipais

O Concello de Nigrán abre dende mañá, mércores 17 de outubro, o prazo para presentar solicitudes para participar na convocatoria do ‘III Plan de Becas Municipais’, tras ser publicado hoxe o extracto das bases no Boletín Oficial da Provincia, outorgando 15 días hábiles aos interesados.

Estas  bases foron modificadas co fin de reducir os requerimentos e cubrir a totalidade das 7 bolsas ofertadas polo Concello.  Todas son para empadroados no Concello –cun mínimo un mes de antigüidade- e están destinadas á formación de auxiliares administrativos nos diferentes departamentos municipais. As bases e o modelo de instancia de presentación tamén están publicadas de xeito íntegro na Sede Electrónica Municipal de Nigrán

Así, o cambio nos requerimentos mínimos permite que se presenten aquelas persoas que remataron os estudos no 2010 ou con posterioridade, é necesario estar desempregado no  momento de presentar a solicitude -contémplase a mellora de emprego nalgúns casos-, permítese ata 400 días de experiencia laboral dende 2010 na categoría da titulación requirida para estas becas e, finalmente, as titulacións contempladas se amplían a ciclo medio de Xestión Administrativa, ciclos superiores de FP de ‘Administración e Xestión’, ou titulacións universitarias da rama xurídica, laboral, económica y/o empresarial e Xestión.

Como nas derradeiras edicións, a duración é de 6 meses prorrogables a outros 6 e a dotación económica de 800 € brutos ao mes en xornada laboral completa.  Os titores serán os funcionarios responsables de cada ámbito.

O sistema de acceso á beca inclúe proba escrita, oral, entrevista curricular persoal e baremación curricular. O Departamento de Desenvolvemento Local -986365000-Extensión 7 ou [email protected]ofrece maior información ao respecto a todo aquel interesado en presentar a súa candidatura.

También te puede interesar