Comarcas

@ponteareas_gal informa de que aínda hai prazas libres no comedor escolar do CEIP Fermín Bouza Brey

A Concellería de Ensino do Concello de Ponteareas lémbralle a tódalas familias con fillos en idade escolar que aínda quedan prazas libres no servizo de aula matinal  dos colexios públicos Nosa Señora dos Remedios, Fermín Bouza Brey e Ramiro Sabell Mosquera.

Todos aqueles interesados en consultar o convenio e acceder á ficha de inscrición, poden facelo a través da páxina web do Concello de Ponteareas, na pestaña “Ensino” ou premendo aquí.

Ademais, queren lembrar á comunidade escolar que tamén hai prazas dispoñibles no servizo de comedor escolar do colexio Fermín Bouza Brey. Ao igual que no caso da aula matinal, os interesados poden informarse e inscribirse a través da páxina web do Concello de Ponteareas.

A Concelleira de Ensino,  Cristina Fernández, adianta que esta semana, anterior ao comezo do curso escolar, está a manter reunións informativas ás que asistirán os responsables tanto dos servizos de aula matinal como de comedor escolar e tódolos usuarios e interesados nos mesmos.

Este xoves, día 6, no Fermín Bouza Brey haberá unha reunión do servizo de aula matinal ás 8 da tarde e o venres ás 8 e media, reunión do comedor escolar.

También te puede interesar