RGPD - Cookies
Comarcas

Redondela pon en marcha o seu 7º Plan de Emprego co inicio dun curso de soldadura que abrangue prácticas en empresas metalúrxicas

Dentro das accións formativas que se están realizando dende o ‘VII Plan Integrado de Emprego de Redondela (PER VII)’, o vindeiro luns empeza un curso de soldadura con electrodo revestido e soldadura semiautomática, no que as alumnas e alumnos que participan recibirán 130 horas de formación teórico-práctica en taller e 120 horas de prácticas profesionais en empresas do sector metalúrxico.

A tenente de alcalde e concelleira de Emprego, María del Carmen Amoedo, subliña que “este curso é unha aposta polas accións de fomento do emprego posto que o mercado está a demandar moitos traballadores con este perfil”.

Amoedo insiste na aposta “firme e decidida” que fai o Goberno local polo emprego dende a formación das persoas que queren integrarse ou voltar ao mercado laboral, “en especial naqueles sectores con maior demanda de traballadoras e traballadores”.

También te puede interesar