Comarcas

O Concello de Redondela abre o prazo para a solicitude de axudas para festas e actividades culturais

O Concello de Redondela vén de publicar as bases para a concesión de ‘Subvencións para Festas Populares , Tradicionais e Gastronómicas’ e para ‘Actividades Culturais a centros, asociacións e entidades culturais’ . O prazo de presentación é de 20 días e inciouse o pasado 2 de agosto.

O Concello destina 10.000€ para Subvencións para Festas Populares, Tradicionais e Gastronómicas. O importe das subvencións adxudícase en función dos días de celebración e van de 250 a 650€.

Polo que se refire ás Subvencións a Entidades Culturais, centros e asociacións, a contía é de 20.000€ a estas bases indican que poderán optar ás mesmas aquelas que organicen actividades culturais sendo o importe subvencionable como máximo 3.000€.

También te puede interesar