Comarcas Destacados

@depo_es activa a campaña para previr os efectos da vaga de calor entre os usuarios do servizo de Teleasistencia

Carmela Silva deu a orde de activar unha campaña informativa para previr os efectos da vaga de calor entre as 578 persoas usuarias do servizo de Teleasistencia Domiciliaria da Deputación de Pontevedra.

O obxectivo de esta actuación é informar sobre os efectos das altas temperaturas sobre a saúde, achegar consellos útiles para afrontar mellor a situación e prestar un seguimento diario das persoas máis vulnerables que poidan precisar maior atención mentres dure a vaga de calor.

Deste xeito, xa se comezaron a realizar as chamadas informativas nas que se lles están aportando ás preto de 600 persoas usuarias da Teleasistencia Domiciliaria consellos e medidas preventivas, prestando especial atención a aquelas persoas vulnerables por cuestións de idade, por condicións de saúde o pola situación de illamento na que se atopan.

Ademais, a través destas chamadas tamén se pretende detectar a aquelas persoas que poden definirse de alto risco por padecer en maior medida as consecuencias da vaga de calor. Máis polo miúdo, e nestes casos, o seguimento será máis pormenorizado, con chamadas diarias desde o centro de atención e incluso implicando ao persoal de traballo social dos concellos ou persoal sanitario mentres dure a vaga de calor.

Ao longo do 2017 atendéronse un total de 4.735 alarmas -cun tempo medio de atención de 10,6 segundos e de resolución de incidencias de 1 minuto e 28 segundos- desde os terminais. Tamén, durante o pasado ano houbo 441 visitas de seguimento e coordinación, incluíndo as visitas por incidencia técnica, a persoas usuarias da Teleasistencia Domiciliaria.

También te puede interesar