Comarcas

@concellosalceda transmitirá en directo polas Redes sociais municipais o homenaxe aos Salcedenses Distinguidos

Salceda estreará este ano unha nova iniciativa que permitirá seguir o acto de homenaxe a Salcedenses Distinguid@s en directo a través das Redes Sociais do Concello.

Sendo conscientes da cantidade de xente que por diversos motivos -saúde, distancia ou traballo-no poden asistir ao acto, o Equipo de Goberno decide ofrecer esta posibilidade.

O Concello de Salceda botaba a andar este ano as súas redes sociais oficiais, priorizando unha vez o dereito á información e a comunicación constante coa veciñanza. “Dende entón son moitas as persoas que empregan ditas redes tanto para seguir as novas municipais día a día como para empregalas como canle de comunicación para realizar preguntas ou suxestións”, sinaln dnde o Concello.

Parte fundamental deste elevado seguemento está relacionado coa emigración e coas persoas que por diferentes motivos xa non viven en Salceda, e que deste xeito teñen unha canle de comunicación constante que as mantén vinculadas á súa terra natal, tal como lle teñen feito saber en numerosas ocasións tanto ao Alcalde como ao resto de concelleiros e concelleiras do Goberno.

Así pois, o domingo 15, día grande das Festas do Cristo, a partires das 12 menos cuarto, todas as persoas que o desexen poderán seguir o acto a través das redes sociais do Concello, e vivir en directo o nomeamento como salcedenses distinguidos/a de Jose Rodríguez Martínez, Juan Soto Fontaíña e Elva Lemos Márquez.

También te puede interesar