Ciencia y Tecnología Vigo al minuto

34.000 operacións, 1,1 millón de consultas, 95.000 ingresos, 486.000 urxencias e 10.000 nacementos, números do Cunqueiro en tres anos de vida

O Hospital Álvaro Cunqueiro cumpre tres anos nos que, como sinalan dende o Servizo Galego de Saúde (Sergas), o centro pasou xa a fase de consolidación e iniciou a de crecemento  “como o demostran todos os indicadores tanto asistenciais como non asistenciais”.

Nestes anos realizáronse no hospital un total de 34.071 intervencións cirúrxicas. “Unha cifra nada desdeñable se ten en conta que neste hospital lévanse a cabo as operacións máis complexas e máis críticas, de acordo co plan concibido na reordenación do  Complexo Hospitalario Universitario de Vigo (CHUVI)”, sinala o xerente da Área Sanitaria ,Félix Rubial.

Se a actividade cirúrxica é importante non o é menos a clínica, con 1.116.065 consultas no propio hospital, a cargo dos facultativos nas distintas especialidades. 731.482 estadías e 94.716 ingresos dá a medida do movemento de hospitalización rexistrado neste trienio.

A posta en marcha da porta única de Urxencias de Vigo no Cunqueiro foi outra da iniciativas coas que arrincou o hospital e o seu volume de asistencia sinala que nestes tres anos atendéronse 486.271 urxencias.

No balance do trienio hai que destacar tamén os 10.452 nacementos que se produciron o Cunqueiro, unha cifra que confirma que Vigo é a área de Galicia onde se rexistra maior natalidade.

También te puede interesar