Cultura Destacados

Denuncian problemas no Servizo Público de Emprego Estatal que causan dificultades para recoñecer ás personas desempregadasa as prestacións do paro

Os representantes da CIG no Servizo Público de Emprego Estatal (SEPE) veñen de denunciar a “dificultade que ten o persoal deste organismo para poder recoñecer as prestacións por desemprego á cidadanía”.

Dende hai tempo “as aplicacións informáticas que usa o SEPE para tramitar e recoñecer as prestacións por desemprego fallan día sí e día tamén” sen que os responsables do organismo dean ningunha explicación nin solucionen estas eivas. As consecuencias as están a sufrir o persoal das oficinas de emprego e a cidadanía.

No caso das persoas que queren solicitar a prestación, logo de asistir con cita previa á súa oficina non se lle pode tramitar a prestación porque o sistema está “temporalmente” fora de servizo, o que implica que teñen que volver outro día ou deixan a súa solicitude presentada pero “sen saber se van cobrar unha prestación ou non e cando se vai poder resolver esa solicitude”.

A CIG non entende que outros organismos como o INSS, a Tesourería ou a Axencia Tributaria teñan sistemas informáticos que funcionan correctamente e que os do SEPE estean avariados continuamente e a Dirección Xeral non explique con claridade o que está a suceder nin tome medidas para rematar con esta problemática.

También te puede interesar