Cultura Galicia

Galicia perde poboación a unha velocidade insospeitada: en 2017 houbo 13.522 mortes máis que nacementos

Dacordo cos datos do Instituto Nacional de Estatística (INE), coñecidos este martes, en Galicia houbo o ano pasado 13.522 defuncións máis que nacementos, o que supón que sexa a comunidade con peor saldo vexetativo de todo o Estado.

Non se trata dun dato novo…pero sí dun datos que empeora, dado que o número de nacementos descende notablemente dende 2015, cando se rexistraron 19.427, en 2016 foron 19.062 e en 2017 non chegaron aos 18.500.

Polo que se refire ao número de mortes, os datos do INE non deixan marxe de interpretación: leva aumentando dende o ano 2000, cando se rexistraron 28.858 defuncións; 29.383 en 2005,  29.749 en 2010, aumentou a 31.688 mortes en 2015, a 31.757 en 2016 e a preto de 32.000 o pasado 2017.

También te puede interesar