¡Que se curren tu voto! Galicia

@Xunta adxudica en 4,2 millóns a construción de 36 novas vivendas de protección pública na rúa Ignacio Grobas, en Vigo

O Goberno de Galicia investirá  case 4,2 millóns de euros en 36 novas vivendas de promoción pública en Vigo, unha vez que o Instituto Galego da Vivenda e Solo adxudicou hoxe as obra de construción das mesmas. Prevese o inicio das obras en verán, cun prazo de execución de 24 meses.

As vivendas emprazaranse na rúa Ignacio Grobas, onde se levantará un edificio composto de soto, baixo andar, catro pisos e baixo cuberta. As vivendas serán de 2, 3 e 4 dormitorios, segundo a seguinte distribución:28 vivendas de 3 dormitorios, 4 vivendas de 2 dormitorios e 4 vivendas de 4 dormitorios. Dúas das vivendas están adaptadas para o seu uso por persoas con mobilidade reducida.

Nos baixos emprazaranse catro locais, cun superficie que supera os 719 metros cadrados, que serán cedidos gratuitamente ao Concello, a cambio da cesión da parcela na que se constrúen as vivendas.

Outras 26 vivendas

A Consellería de Infraestruturas e Vivenda construirá outras 26 vivendas na rúa Chantada, cun investimento previsto de preto de 3,4 millóns de euros.

Esta obra foi licitada no pasado mes de marzo de 2018 e actualmente estase tramitando a súa adxudicación.

También te puede interesar