Vigo al minuto

A Asociación de Veciños do Calvario organiza dende este martes a ‘Festa da Alegría’

Dende este martes, día 29 de maio, e ata o vindeiro domingo, 3 de xuño, a Asociación de Veciños do Calvario organiza a ‘Festa da Alegría’, que entre os seus espactaculos máis salientábeis ten o ‘Dragón voador’, de 12 metros cheo de cor que voará entre o público e con música en directo.

As atraccións estarán ubicadas na rúa Cronista Espinosa e serán as tradicionais dunha festa popular: coches de choque, carrusel ou cadeas, aínda que “a máis sorprendente será o grande tobogán de auga”.

Os concertos e actuacións musicais serán no no cruzamento de Jesús Fernández coa rúa Toledo e o sábado 2 de xuño será o día grande para o público infantil coa actuación estelar, ás 7 e media da tarde, de Uxía Lambona e a Banda Molona, e durante o día haberá dous pasarrúas pola mañán e dous pola tarde.

También te puede interesar