RGPD - Cookies
Sucesos

@ppdegalicia respalda de xeito «claro e sen dúbidas» a Rajoy e lémbralle ao PSOE os ERE de Andalucía

O secretario xeral do Partido Popular de Galicia declarou este venres que sentía “vergoña” logo da sentenza da ‘Trama Gürtel’, asegurou que o seu partido ten que pedir desculpas aos cidadáns e amosou o respaldo dos populares galegos, “claro e sen dúbidas» ao presidente do Goberno, Mariano Rajoy.

Miguel Tellado dixo que “ninguén pode dubidar da súa honradez e honorabilidade» e dixo que non aceptaba  «leccións» do PSOE  afirmando que é «sorprendente» que Pedro Sánchez sexa o que presente unha moción de censura, cando «ten a Manuel Chaves e José Antonio Griñán sentados no banco dos acusados polos ERE de Andalucía”.

También te puede interesar