Galicia

O presidente da Xunta adianta que proporá baixar o prezo do másters e conxelar, de novo, as taxas universitarias

O presidente do Goberno de Galicia adiantou este mércores que proporá ás universidades galegas baixar o prezo dos másters profesionalizantes e equiparalo ao dos graos, así como a conxelación, por sétimo ano consecutivo, das taxas universitarias.

“Levamos 6 anos conxelando as taxas universitarias e, en canto os reitores tomen posesión, temos dúas propostas: que o vindeiro curso universitario volvamos conxelar as taxas e que baixemos os másters profesionalizantes, poñéndoos a prezo de grao”, aseverou o presidente Feijóo, precisando que esta será a maior baixada dun máster profesionalizante/habilitante que houbo nunca en Galicia e nas universidades españolas.

Na súa intervención no Parlamento, o presidente sinalou que hoxe, en Galicia o 30% dos alumnos fan un máster, fronte ao 21% que o fan en España; “temos as taxas universitarias máis baratas para o grao de todo o país e podemos tamén ter os másters profesionalizantes máis baratos”.

En resposta ás preguntas dos grupos no pleno da Cámara galega, Feijóo confirmou que a Xunta está ademais traballando para concretar outras medidas cos reitores, relacionadas con novos graos interuniversitarios, como xa se fixo co Grao da Paisaxe ou cos estudos de Medicina, así como graos en inglés.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.