Vigo al día

Asociacións de veciños de Teis e Chapela piden unha xuntanza co Ministerio de Fomento para concretar a data de eliminación da peaxe de Rande

A xuntas directivas da Asociación Veciñal de Teis e de Chapela, veñen de presentar un escrito conxunto na Delegación da Xunta en Vigo, solicitando unha xuntanza co Director Xeral de Estradas, para tratar sobre sobre a supresión da peaxe Rande-Vigo, pendente de concreción dunha data, a conversión en tramo urbano da autoestrada AP-9 desde Padín até o centro da cidade de Vigo e a adopción de medidas contra a contaminación acústica.

A Asociación Veciñal de Teis, esixe que o Ministerio, “concrete unha data para a eliminación da peaxe, logo de case tres meses de anunciar a supresión da mesma”.

Hai que lembrar que o 23 de xaneiro, o Ministerio de Fomento aceptaba a reivindicación de liberar a peaxe Rande-Vigo e na última visita do ministro Íñigo de la Serna a Galicia, o pasado día 20 de marzo, asegurou que o seu departamento estaba negociando con Audasa unha posíbel contrapartida, en relación á supresión da peaxe.

“Nesta negociación entre o Ministerio de Fomento e Audasa, debe incluírse a a conversión en tramo urbano da autoestrada AP-9 desde Padín até o centro da cidade de Vigo e medidas contra a contaminación acústica”, sinalan dende a Asociación Veciñal de Teis dende a cal esíxese a Fomento a “ aprobación definitiva” da segunda fase do Plan de Acción contra o Ruído.

También te puede interesar