Mañá mércores 7 de marzo -a partir das 10 da noite- o Tao de Vigo participará na semifinal do programa ‘Got Talent’ de Telecinco co obxectivo de lograr o pase do taekwondo galego á final deste espazo televisivo de talentos.
O conxunto galego está formado por Samuel Meilán, Manuel Rodríguez, Samuel Alves, Jorge Posada, Iago Davila, Hugo Davila, Sara Davila, Celia García, Alicia Pérez e Eva Morales. Entre eles hai medallistas europeos ou mundiais coma Samuel Meilán, Manuel Rodríguez ou Samuel Alves.
O equipo realizará unha exhibición de 2 minutos de duración coa que intentarán sorprender ao xurado e ao público que vexa o espectáculo dende casa. O programa é en directo e o público terá un papel fundamental.
Cando chegue o momento da actuación do Tao, aparecerá en pantalla un teléfono e haberá só 10 minutos para votar nese número. E deses votos depende o paso a final, porque o participante máis votado polo público pasa directamente á mesma.
Este verán -aínda que o programa emitiuse o día 12 de febreiro- as e os rapaces do Tao acadaron o pase a semifinal e xa sorprenderon ao público e o xurado e agora prometen aínda máis espectáculo.