Vigo al minuto

Concello e @depo_es financiarán a reforma de Gol, Marcador e un aparcadoiro de 1.000 prazas en Balaídos

O alcalde anunciou este luns que esta semana o Goberno Local aprobará unha adenda ao convenio asinado entre o Concello e a Deputación para a reforma integral do estadio municipal de Balaídos, unha adenda na que -ademais de garantir novos asentos en todo Río Baixo– Deputación de Pontevedra e Concello promoven a «fase definitiva» da remodelación cos proxectos técnicos para as bancadas de Gol e Marcador e dun novo aparcadoiro de 1.000 prazas.

O estacionamento, engadiu o alcalde, irá emprazado en Manuel de Castro fronte á bancada de Tribuna. «Entramos xa na fase definitiva para completar a gran reforma de Balaídos», apuntou Caballero, quen explicou que o aparcadoiro actuará ademais como un «factor determinante» para evitar as inundacións na zona de vestiarios do estadio.

Esta fase de tramitación dos proxectos técnicos do aparcadoiro, de Gol e de Marcador supón «o paso inicial para a concesión do campo de Balaídos», que incluirá o estacionamento. Caballero enfatizou o apoio da Deputación de Pontevedra e censurou que o Goberno de Galicia achega «cero euros» A Balaídos e pediu explicacións ao presidente Feijóo.

Estrutura

Ademáis, este luns quedou colocado o primeiro módulo da estrutura da cuberta da nova bancada de Río e mañá, martes, continuarán os traballos para instalar o segundo módulo da cuberta. A próxima semana montaranse as dúas pezas dos extremos.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.