Vigo al minuto

Rematada a primeira fase de humanización da rúa doutor Corbal que levaba «cen anos» sen mellora algunha

O alcalde ‘inaugurou’ este xoves a primeira  fase da humanización da rúa doutor Corbal, entre Sanjurjo Badía e Camiño Maceiras, remodelación que contou cun orzamento de preto de medio millón de euros.

Abel Caballero amosou durante a visita a súa «satisfacción» pola reforma desta rúa «moi importante», que estaba nun estado «case que marxinal» tras «cen anos» sen ningunha actuación. A reforma da parte alta de Teis é un «gran obxectivo» do goberno da cidade, salientou Caballero.

A humanización ten algúns elementos singulares, como o aumento de espazo peonil fronte ao colexio San Xosé da Guía, onde o Concello instalou unha estación metereolóxica con fins didácticos que enviará información ao nomeado centro educativo. Ademais, unha das sinais verticais que advirte dun paso de peons presenta iluminación LED.

O Goberno local  quixo coa reforma homenaxear á figura de Cesáreo Corbal: unha placa de bronce recorda ao coñecido como o «médico dos pobres», doutor que desenvolveu a súa laboura profesional en Teis e que atendía desinteresadamente á xente sen recursos. A placa leva unha imáxe do doutor Corbal e unha breve biografía.

A humanización abrangue  novas beirarrúas de granito e nova calzada e a renovación de máis de medio quilómetro de canalizacións de saneamento, abastecemento de auga e pluviais. O Concello tamén incorporou unha nova rede de alumeado e o soterramento das redes aéreas de telecomunicacións e a rede eléctrica, xunto con novas papeleiras, bancos, xardineiras, árbores, un sistema de rego automático e farolas con ópticas LED. Os semáforos do cruce con Sanjurjo Badía integran o sistema acústico para invidentes, activable por bluetooth ou mando a distancia.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.