Video Vigo al minuto

@_Pablo_Mendez_ deixa sen palabras aos centos de asistentes á Festa do Tinto das Rías Baixas en As Neves

Imáxes:vigoalminuto.com/Inmellorable inicio, este sábado en As Naves, da Festa do Tinto das Rías Baixas. Centos de persoas tiveron a oportunidade de asistir á presentación dos caldos que participan este ano nesta cita, que chega á súa 12ª edición, senón, e por riba de todo, ao ‘pregón-show’ de Pablo Méndez que, dende antes das 11 e ata media noite, deixou aos asistentes sen palabras.

O artista de Rubiós, que voltou As Neves para presentar este ‘pregón’visual  da Festa do Tinto, propuxo un mundo de fantasía, como salientou o alcalde, Xosé Manuel Rodríguez, no que o protagonismo foi para a imaxe, o mundo do viño, e a música, que correu a cargo da Banda de Música Popular de Rubiós.

Precisamente, como sinalou o alcalde na presentación, citando ao propio Pablo Méndez, a Banda de Rubiós foi unha das grandes inspiracións deste artista que tivo nos seus avós os referentes para facer da música o cerne e o centro do seu traballo que hoxe é admirado en medio mundo.

Homes videiras, burbullas de cores, flores penduradas no aire, un inmenso cubo voador, ritmo, son, xigantes de luz e unha burbulla que sobrevoa ao público, foron algunhas das imaxes que cortaron o ceo de As Neves onte pola noite e que remataron con todos os asistentes postos en pe agradecendo o feito de ter estado alí.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.