Ciencia y Tecnología

@ConcelloNigran organiza preto dun cento de actividades de lecer, cultura e deporte este verán

O Concello de Nigrán programa para este mes de xullo preto dun cento de actividades de lecer, cultura e deporte para tódalas idades e que se desenvolverán nas diferentes parroquias. O calendario foi deseñado xunto ás asociacións culturais e veciñais co obxectivo de unir forzas e no solapar nunca eventos.

Así, neste mes terán lugar festivais de música xa consolidados como Nigranjazz (28 e 29 de xullo no esteiro de A Foz) , roteiros a cargo do Instituto de Estudos Miñoranos, teatro con Cultura no Camiño, deporte na praia…  Todo elo unido a grandes novidades como o ‘Nigran Paint Party’  o 15 de xullo ou os concertos ‘Solpor’ en Monteferro (21 e 22 de xullo).

«En definitiva, trátase dun amplo abano destinado a tódolos públicos e para tódolos gustos e que terá continuidade en agosto con eventos tan importantes como o festival ‘Vive Nigrán’ ou o concerto de Pablo Milanés coa coral Stella Maris», resumiu o alcalde, Juan González.

A programación arrancou xa a fin de semana pasada co I Campionato de Scooter en Porto do Molle ou o concerto da Unión Musical de Coruxo na Alameda de San Campio  e continúa dende onte coas sesións deportivas na praia, así,  este verán reanúdanse as clases de zumba en praia América-Lourido (luns, martes, mércores, venres e sábado ás 18:45 horas) e en Patos (martes, xoves e venres ás 18.00 horas e o sábado 15  ás 19.30 mastes class e o sábado 22 hipopresivos).

A principal novidade deste mes será o festival  ‘Solpor’, que terá lugar en Monteferro o 21 e 22 de xullo á tardiña co obxectivo de desfrutar da espectacular posta de sol da man de grupos de música emerxentes de Nigrán. «Será en evento gratuíto que, como o Nigránjazz na Foz e o Vive Nigrán en Praia América-Lourido, porá en valor os nosos marabillosos escenarios naturais. Ademais, neste caso queremos apoiar aos grupos locais dándolles o espazo estelar que merecen dentro da programación do Concello», resume o alcalde, Juan González.

A outra gran novidade é a ‘Nigrán Paint Party’ o 15 de xullo,  unha festa nacida en Ibiza e que de 15.00 a 23.00 horas combinará música electrónica en directo con choiva de 2.000 litros de pintura, canóns de CO2, FX, animación... Ademai,s haberá 8 Djs, escenario xigante, megatrón, pirotecnia e os mellores efectos visuais á altura dos grandes festivais. As entradas, dende 10 euros, xa están a venda en https://www.entradasatualcance.com/midnight-paint-party-en-nigran/  .«Queremos ofrecer unha programación con eventos pensados para tódolos públicos, neste caso é unha gran festa con moito tirón entre a mocidade e que significa divertirse nun ambiente saudable e durante todo o día», sinala o alcalde.

E si un evento é referencia de calidade en Nigrán é o Festival NigránJazz, que celebra a súa undécima edición o 28 e 29 de xullo coincidindo un ano máis coa instalación de Food Trucks no Parque de A Ramallosa,  poñendo ambos o mellor broche final ao mes de xullo. Ademais, como o ano pasado, o Instituto de Estudos Miñoranos súmase á programación cun roteiro marítimo e nocturno o venres 14 (con inscrición previa no IEM) ou pola parroquia de Camos o xoves 27 ás 18.00 horas dende o Concello.

Na competición deportiva destaca o rugbi na praia o sábado 29, o trofeo de bolos celta San Fiz o 29 e 30, o ucampionato galego de balonman en Praia América o luns 24.

Por outra banda, os máis pequenos terán tódolos venres e sábados obradoiros na xa tradicional Feira de Artesanía de Praia América (que estará ata finais de agosto) e os sábados haberá durante todo o día en praia América actividades acuáticas totalmente gratuitas. Ademáis, como cada ano, o Concello de Nigrán e os diferentes clubes do municipio organizan os campus deportivos semanais.

A programación a completan festas como a de Santiago e Santa Ana en Parada o as da Virxe do Carmen en Praia América; sardiñadas, festas gastronómicas (como a do mexillón o domingo 23 en Camos) ou teatro.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.