Deportes

@ConcelloNigrán organiza este domingo o ‘I Triatlón Desafío Illas Estelas’ no que participarán 250 atletas

350 deportistas disputarán este domingo en Praia América-Panxón o ‘I Triatlon Desafío Illas Estelas’ organizado dende o Concello de Nigrán, Desafío Islas Cíes e Lodeco SLU con vocación de consolidarse dende esta primeira edición e ser un referente no calendario deportivo.

Este constará de dúas probas, por un lado unha de ‘Supersprint’ cunha distancia de 300 metros en natación, 13 km en ciclismo e 2,5 km de carreira a pé; e por outra banda unha de ‘sprint’ con 750 metros de natación, 19’5 km de ciclismo e 5 km de carreira a pé. As inscricións xa están esgotadas, sendo 250 corredores na proba de sprint e 100 en supersprint.

A carreira desputarase segundo a normativa vixente no Regulamento Oficial de Competicións das Federacións Galega e Española de Triatlon e estableceranse diferentes categorías -supersprint dende infantil ata veteráns e sprint partindo dende cadetes-.

A saída, transición e meta terá lugar en Panxón, frente as pistas de tenis de Gaifar, comezando ás 11 da mañá primeira carreira -os deportistas deben estar para o control de material a partir das 10-. O circuito de natación sitúase en frente, o de ciclismo percorre a estrada pola vía ata a Foz, e o da carreira o paseo marítimo.  A estrada será cortada no momento mesmo en que se dispute a proba.

A entrega de premios está prevista para as 2 da tarde neste mesmo punto, habendo trofeos para os tres primeiros clasificados e un agasallo conmemorativo para cada participante que remate.

«O deporte é saúde e dende o Concello estamos totalmente comprometidos para fomentar a súa práctica, por iso non perdemos a oportunidade de organizar este tipo de eventos que, ademáis, reúnen a tanta xente no noso municipio. Queremos que sexa un referente deportivo máis de Nigrán», resume o alcalde, Juan González.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.