RGPD - Cookies
Galicia Sucesos

Un ferido grave tras sufrir un accidente de tractor en Bergondo

img_20161205_205853

Un home resultou ferido de gravidade cando manexaba un tractor no lugar de Santa Marta, en Bergondo. O ferido presentaba lesións importantes nunha man e foi evacuado de urxencia ao Hospital da Coruña.

Segundo se indicou ao 112 Galicia, a vítima estaba axudando a un veciño, polo que se descarta que fose un accidente laboral.

Unha persoa particular chamou ao 112 ás 15:20 horas de hoxe para pedir axuda. Os xestores do Centro de Atención ás Emerxencias informaron aos servizos sanitarios de urxencia e aos axentes da Garda Civil. Tamén avisaron aos voluntarios de Protección Civil.

Dous feridos cando cortaban leña

Dúas persoas resultaron feridas de consideración a causa de senllos accidentes domésticos rexistrados en Vila de Cruces e Laza.

O primeiro ocorreu ás 12:15 horas no concello pontevedrés, concretamente, na parroquia de Bodaño.

Unha persoa sufriu un corte cunha motoserra mentres cortaba leña nunha finca da súa propiedade. Os servizos sanitarios de urxencia enviaron ao lugar un equipo a bordo do helicóptero medicalizado con base en Santiago de Compostela, que, finalmente, trasladou ao ferido ao Hospital Clínico.

Minutos despois, no lugar de Toro, no concello ourensán de Laza, outra persoa sufriu outro corte nas mesmas circunstancias. Tamén neste caso, os profesionais de Urxencias Médicas optaron por mobilizar o helicóptero con base en Ourense, pero o ferido puido ser trasladado en ambulancia.

También te puede interesar