RGPD - Cookies
Cultura Destacados

Se buscas cousas vintage, O Berbés organiza este sábado un mercadiño de segunda man

cartel-mercadino-3-12-2016

A Asociación de Empresarios do Mercado do Berbés organiza este sábado 3 de decembro un mercadiño vintage no interior do propio mercado do Berbés, en Teófilo Llorente.

Desde as 10.00 ata as 15.00 horas, os interesados atoparán neste mercadiño artigos de segunda man que irán dende roupa, libros ou discos ata artesanía ou obxectos curiosos.

Ademais, haberá música, degustacións, espazo infantil e moitas sorpresas máis.

O mercadiño forma parte do programa de actividades que se están levando a cabo no marco do plan de dinaminación do mercado do Berbés.

También te puede interesar