Destacados Vigo al minuto

O BNG propón crear dúas liñas de autobús para conectar Teis e Navia co hospital

vitrasa1

O BNG vén de demandar a creación de dúas liñas de autobús directas que conecten os barrios de Teis e de Navia-Coia co hospital Álvaro Cunqueiro, xa que na actualidade contan cunha «pésima conexión». Esta medida é unha das seis que integran a proposta do grupo municipal para mellorar a conexión co hospital, que trasladarán ao movemento veciñal da cidade nun encontro aberto que realizarán na sede da Federación de Veciños.

Para os nacionalistas as actuais liñas e frecuencias ofertadas son «absolutamente insuficientes» para atender a demanda veciñal e «deixan importantes áreas da cidade sen un servizo esencial». «Temos unha liña H pantasma, que só fai unha viaxe por día de luns a venres, unha liña H1 con buses cada hora só de luns a venres e unha liña H2 moi mellorábel”, resumía o portavoz, Serafín Otero, enfatizando na gravidade de que zonas tan poboadas da cidade como os barrios de Teis, Navia ou Coia, carezan dunha conexión directa.

Esta proposta-base contrastarase coas asociacións veciñais e coa propia Favex para recoller achegas e propostas que permitan «perfilar a súa alternativa». Xunto coa creación de dúas novas liñas-lanzadeira, tamén propoñen a reformulación da liña H para mellorar a conexión de Coia, Bouzas e rúa Coruña, con frecuencias equivalentes ás das demais liñas; aumentar as frecuencias en todas as liñas, as existentes e as novas, para asegurar un mínimo dun bus cada 20 minutos no horario de maior demanda e cada 30 minutos no resto do día; que todas as liñas operen en fin de semana e festivos cunha frecuencia mínima de 45 minutos; que a Praza de América e a Praza de España funcionen como nodo de conexión, mellorando a frecuencia e a cadencia horaria doutras liñas para desta maneira permitir o transbordo nun tempo razoable e mellorando a conexión de zonas como Lavadores, A Salgueira ou o ensanche de Gran Vía; e estudar a mellora da conexión das parroquias do cinturón periurbano (rural) e o litoral co Álvaro Cunqueiro, mesmo coa creación de novas lanzadeiras ou a posta en marcha dun circular.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.