Vigo al minuto

Xa están no Reino Unido os últimos 99 estudantes do programa municipal Vigo en inglés

becas-ingles-4

Os dous últimos grupos de alumnas e alumnos vigueses do programa municipal Vigo en Inglés 2016 partiron este xoves dende o aeroporto vigués cara ao Reino Unido, onde farán estadías nas localidades de Alphington, Richmond, Broadclyst, Exmouth, Ottery St. Marys e Bideford.

Foron os últimos 99 estudantes do total de 617 que gozaron este ano dunha bolsa de estudos do Concello para aprender inglés do Reino Unido e Irlanda, entre eles, alumnado da Escola Oficial de Idiomas de Vigo. O alcalde de Vigo, Abel Caballero, que foi despedilos ao aeroporto, avanzou que de cara ao ano que vén duplicarase o número de axudas para os usuarios da sede viguesa da EOI.

O rexedor vigués anunciou que valora incrementar a partida orzamentaria para este programa o ano próximo «non menos dun 5%» coa finalidade de atender toda a demanda.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.