Ciencia y Tecnología

Convocadas as probas para persoal de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas

SeguridadO Diario Oficial de Galicia vén de convocar as novenas probas de acceso para obter a habilitación como persoal de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas, así como a renovación das habilitación, cunha proba psicolóxica para os habilitados para os que transcorreran 5 anos dende a súa expedición. O prazo para presentar as instancias remata o vindeiro 1 de agosto. 

Esta será a novena edición, despois de que a principios do ano 2010 o goberno galego regulase por decreto os requisitos que deben cumprir os controladores para exercer as súas funcións. Desde aquela, un total de 828 persoas xa acadaron a habilitación como persoal de control de espectáculos públicos e actividades recreativas nas convocatorias anteriores.

A nova regulación ofreceu melloras para os empresarios do sector da hostalería e os espectáculos públicos, que tiñan reclamado en numerosas ocasións esta medida; para os usuarios e clientes, que viron reforzados os seus dereitos e seguridade e para os propios controladores de acceso, que lograron o recoñecemento e a dignificación da súa profesión.

 Os requisitos para poder desempeñar as funcións de persoal de control de acceso son a maioría de idade; ter nacionalidade española, dalgún país membro da UE ou ter permiso de residencia e traballo en vigor; carecer de antecedentes penais; ter coñecementos básicos das linguas oficiais de Galicia para poder atender ao público en calquera delas e superar as probas específicas que convoca a Academia Galega de seguridade Pública (Agasp).

As solicitudes presentaranse a través da sede electrónica da Xunta, no enderezo https://sede.xunta.es ata o vindeiro 1 de agosto. As probas realizaranse na sede da Academia Galega de seguridade Pública, na Estrada.

Desenvolvemento das probas

A proba de coñecementos consistirá en contestar un cuestionario de cincuenta preguntas tipo test, máis cinco de reserva, que versarán sobre temas relativos á Constitución Española, normativa básica do dereito de admisión, follas de reclamacións, posesións de armamento, medidas de seguridade en establecementos de concorrencia pública e primeiros auxilios, entre outros asuntos.

Así mesmo, realizarase un exercicio de tradución dun texto do galego ao castelán que terá carácter voluntario par so aspirantes que coas solicitude entregara a documentación precisa que acredite ditos coñecementos. Finalizados os exercicios teóricos terá lugar a segunda proba que consiste na realización dun test psicolóxico. Para obter a habilitación deberá obterse a cualificación de apto nas dúas probas.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.